top of page

Benvidos ao Movemento Dezao polo Ensino Público

ACTUALIDADE:

 

RESISTENCIA Á LOMCE

 

Consultade as medidas de resistencia á LOMCE propostas dende a plataforma Marea Verde, tanto para pais/nais e alumn@s como para profesores/as.

 

Ligazón.

O Movemento Dezao polo Ensino Público é unha asociación aberta a toda a comunidade educativa.


Nace coa intención de reflexionar sobre o momento que está a atravesar o ensino público na nosa comarca.



O contexto no que nos situamos ten dúas inquedanzas graves. En primeiro lugar, a vaga de recortes por parte da administración. En segundo lugar, o horizonte dunha nova proposta lexislativa por parte do Ministerio de Educación, a LOMCE.



Estas dúas circunstancias lévannos a pensar que o modelo de ensino público que se leva construíndo no país nos últimos decenios está agora en serio perigo e queremos influír de todos os xeitos ao noso alcance para preservalo e, en todo caso, melloralo e apuntalalo.



 

Tentamos aglutinar a tod@s @s que teñan algo que ver co ensino (familias: p/nais e alumnado, docentes, traballadores non docentes) e compartan os principios que nos moven.

Todas as persoas que formamos parte deste colectivo cremos no principio dun ENSINO PÚBLICO, GRATUÍTO E DE CALIDADE.

A nosa pretensión é crear na comarca un espazo de debate en torno ao ensino, focalizando as nosas actuacións sobre as infraestructuras e necesidades da zona.

Polo tanto, propoñemos a seguinte folla de ruta:
 

  • Difusión da constitución da asociación e captación de adhesións entre a comunidade educativa da zona.
  • Información sobre a situación dos centros educativos da comarca.
  • Estudo do anteproxecto da LOMCE e as súas posibles repercusións.

Pincha na imaxe para ver o documento pdf.

Movemento Dezao polo Ensino Público

bottom of page